![]() ![]() ![]() Polo demais, a obra contén unha serie de pasaxes autobiográficas que lle engaden novos atractivos. ![]() O valor histórico da presente novela é evidente, pois Maria supón un dos primeiros achegamentos na historia do feminismo á cuestión da clase social. O lector saberá en paralelo do seu presente, mais ese relato, que inclúe unha historia sentimental de época transmitida con todo luxo de detalles, dá por desgraza nun texto inacabado, xa que a autora morreu ao pouco de traer ao mundo unha filla. Así, a protagonista, Maria, presa no interior dun alxube, vai narrando en primeira persoa as aciagas circunstancias do seu pasado, ateigado de episodios de gran crueldade tal que o rapto da súa filla ou non poucos abusos físicos e psíquicos. O texto xira arredor das múltiples inxustizas que debe aturar a muller polo mero feito de selo. Maria, novela publicada de maneira póstuma en 1798, talvez sexa a obra máis radical da súa autora, Mary Wollstonecraft. ![]()
0 Comments
Leave a Reply. |